A selección de hóckey a patíns masculina de Andorra é o equipo que representa a Andorra nas competicións internacionais de hóckey a patíns organizadas polo CERH ou o CIRH en categoría masculina. Depende da Federació Andorrana de Patinatge. A súa primeira participación no Campionato do Mundo "A" tivo lugar en 1993, cando conseguiu a súa mellor clasificación (7º posto), mais na seguinte edición (1995) descendía ao segundo nivel logo de finalizar 15º (penúltimo), e non foi ata o 2002 cando conseguiu retornar á máxima competición do hóckey a patíns mundial logo de gañar o Campionato do Mundo "B", no Mundial "A" permaneceu ata o seu novo descenso no 2009. No 2010 renunciou a xogar o Mundial "B" por cuestións económicas, logo de finalizar na 16ª e última posición no Campionato do Mundo "A" de 2009 e descender ao Mundial B.[1]