Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo.
Este equipo competiu nas seis edicións do Mundial de Fútbol Sala Feminino e acadou título nos anos 2010 e 2013. Non obstante, conseguiu a segunda praza en 2011 e 2013. A maiores, participou nos mundiais de 2010, 2012, 2014 e 2015; nos que gañou a medalla de bronce catro veces.
En setembro de 2018 xogaron os primeiros partidos oficiais no Pavillón Europa de Leganés para intentar ir ao campionato de Europa. No grupo da nosa selección encontrábanse Romanía, Polonia e Italia; seleccións ás que gañaron dunha forma moi ampla[1].
O día 17 de febreiro de 2019 foi un día moi importante para recordar na historia xa que a Selección Española feminina acadou a primeira posición no primeiro campionato europeo feminino ao vencer na final a Portugal por un 4-0. Levaban moito tempo preparándose ás ordes da adestradora Clàudia Pons para asistir a dita cita[2].
É moi importante revalorizar tamén as figuras das deportistas galegas que levan loitando durante moito tempo para que a selección chegue ao máis alto. Estas xogadoras son Vanessa Sotelo, Lucía Gómez e Silvia Aguete. Todas elas comparten equipo na primeira división española de fútbol sala feminino, aínda que as súas orixes son de bancadas diferentes.
No caso da ourensá Sotelo, compoñente actual do Alcorcón FSF, foi nomeada mellor xogadora europea do ano e do torneo, no primeiro campionato de Europa no que participaron. Ademais, conseguiron a primeira praza no mesmo[3].
Outro aspecto a destacar é a presenza da tamén galega, Raquel Manteiga Rodríguez, como árbitra deste encontro[4].
Torneo da Vitoria (Moscova)
Realizáronse partidos amigábeis entre España, Rusia, Portugal e Irán na cidade de Moscova o pasado maio. A este torneo chamóuselle Torneo da Vitoria.
Respecto ó antigo campionato europeo, Clàudia Pons cambiou un pouco a listaxe, e as xogadoras convocadas pola seleccionadora foron: Marta, Caridad, Isa García, Mayte Mateo, Noelia, Ana Luján, Irene, Luci, Ana, Ampi, Amelia, Peque, Consu e Vane Sotelo[5].
No primeiro amigábel, disputado contra Rusia, a selección gañou pola mínima (2-1), con goles de Vane Sotelo e Isa García. En canto ao segundo partido, contra Portugal, as lusas levaron a vitoria, por 2-4. Por último, este torneo rematou coa vitoria por 0-3 de España contra Irán[6].