See You on the Other Side é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de neopsicodelia Mercury Rev, publicado o 19 de setembro de 1995 a través do selo Beggars Banquet Records.
Contido
Trátase do primeiro álbum de Mercury Rev tras a marcha do antigo vocalista principal Dave Baker. Tamén marca a transición entre o seu primeiro son máis ruidoso cara a un con arranxos máis orquestrados, suaves e ricos que a banda adoptaría para os seus seguintes lanzamentos.[1]
O título do disco procede dunha frase que Dave Fridmann lle dicía aos seus compañeiros antes de saír ao escenario (en galego significa "véxovos no outro lado").
A portada está collida dun anuncio de 7 Up do ano 1975 titulado 'Uncola',[2] e a contraportada é unha fotografía de Donahue abatido cargando un revolver.
O vídeo musical da canción "Young Man's Stride" foi dirixido por Moby.[3]
Listaxe de cancións
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Empire State (Son House in Excelsis)" | Jonathan Donahue, Sean "Grasshopper" Mackowiak, Suzanne Thorpe |
7:29 |
2. |
"Young Man's Stride" | Donahue, Mackowiak |
2:43 |
3. |
"Sudden Ray of Hope" | Jimy Chambers, Donahue, Dave Fridmann, Mackowiak, Thorpe |
5:18 |
4. |
"Everlasting Arm" | Donahue, Mackowiak, Thorpe |
5:15 |
5. |
"Racing the Tide" | Chambers, Donahue, Mackowiak, Thorpe |
7:31 |
6. |
"Close Encounters of the 3rd Grade" | Chambers, Donahue, Fridmann, Mackowiak, Thorpe |
3:03 |
7. |
"A Kiss from An Old Flame (A Trip to the Moon)" | Donahue, Mackowiak |
4:22 |
8. |
"Peaceful Night" | Donahue, Mackowiak |
3:32 |
Canción extra nalgunhas edicións xaponesas[4] |
N.º |
Título |
Duración |
9. |
"Cartwheel" |
7:06 |
Notas