Schoinoussa

Modelo:Xeografía políticaSchoinoussa
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°52′30″N 25°31′18″L / 36.875, 25.5217
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasNaxos (pt) Traducir
ConcelloNaxos and Lesser Cyclades Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación211 (2021) Editar o valor en Wikidata (24,79 hab./km²)
Xeografía
Superficie8,512 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude133 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal843 00 Editar o valor en Wikidata

Schoinoussa (en grego: Σχοινούσα) é unha illa grega e unha comunidade das Cícladas. Atópase ao sur da illa de Naxos, no grupo das Cícladas menores. A poboación era de 206 habitantes no censo de 2001. A súa superficie é de 8.512 km².

Localización

Schoinoussa está situada a uns 6 km ao sur de Naxos. As illas máis próximas son Irakleia a 3 km ao suroeste, e Kato Koufonisi a 3 km ao nordés. Ten un máximo de 4´5 quilómetros de longo e 3 km de ancho, con numerosas pequenas baías.

Historia

Os achados arqueolóxicos demostran que Schoinoussa foi habitada desde tempos antigos antes do 2º milenio a.C. A abundancia de cerámica demostra parte das grandes actividades comerciais durante o período bizantino. Desde finais do século 11 d.C., a illa foi propiedade do mosteiro Chozoviotissa (Παναγία Χοζοβιώτισσα) en Amorgos.

Logo da conquista de Constantinopla durante a Cuarta Cruzada Schinoussa pasou ao dominio de Venecia no Ducado do Arquipélago, fundado en 1207, por Marco Sañudo. Presumiblemente, durante era otomá, estivo deshabitada debido aos piratas.

O Protocolo de Londres de 1829 Schoinoussa igual que as outras illas das Cícladas pasaron a formar parte do novo estado grego. Habitantes de Amorgos acomodáronse na metade do século XIX na illa. A principios do século XX, moitas persoas abandonaron a illa cara a Atenas. Durante a segunda guerra mundial Schinoussa foi ocupada por Italia desde 1941 ata 1943 e logo no 1944 polo Exército alemán. Debido á mal situación económica, moitas persoas víronse forzadas a saír da illa logo da guerra.

Subdivisións locais

A illa ten 206 habitantes e consta das aldeas de:

  • Panagia ou Schinoussa (Σχοινούσσα ((194)))
  • Mesaria (Μεσαριά ((12)))
  • O porto de Mersini (Μερσίνι) non se rexistra nas estatísticas oficiais

E as illas deshabitadas:

  • Argilos (Άργιλος)
  • Klidoura (Κλιδούρα) ou Gaidoura (Γαϊδούρα)
  • Ofidoussa (Οφειδούσσα)
  • Aspronisi (Ασπρονήσι )

Economía

A poboación vive principalmente da agricultura, xunto co turismo.

Véxase tamén