O Savoia-Marchetti S.M.82 Marsupiale foi un bombardeiro medio e transporte italiano da segunda guerra mundial. Deseñouse a partir do S.M.35 dándolle unha fuselaxe máis ampla, e voou por primeira vez en 1938. Construíronse uns 875 dos cales só 12 estaban en servizo en xuño de 1940, cando Italia entrou na guerra. Non foi un bo bombardeiro debido ás súas pobres prestacións, polo que fixo sobre todo tarefas de transporte.
Despois da guerra ao redor de 30 SM.82 continuaron en servizo coa Aeronautica Militare Italliana, e algúns deles estiveron voando ata principios dos anos 60.