Saturno I
Saturno I / Juno V / Saturno C-1 |
---|
| Función | Lanzador espacial pesado |
---|
país de orixe | Estados Unidos[1] |
---|
Tamaño |
---|
altura | 55,0 m[1] |
---|
diámetro | 6,52 m[1] |
---|
masa | 509.660 kg[1] |
---|
Etapas | 3[1] |
---|
|
---|
Carga LEO |
---|
masa | 9000 kg[1] |
---|
Carga Traxectoria transluar |
---|
masa | 2200 kg[1] |
---|
|
---|
foguetes derivados |
---|
Familia | Saturno |
---|
Lanzamento históricos |
---|
Estado | Retirado[1] |
---|
Sitios | Cabo Cañaveral[1][2][3] |
---|
Total de lanzamentos | 10[1][2][3] |
---|
Voo inaugural | 27 de outubro de 1961[1][2][3] |
---|
Último voo | 30 de xullo de 1965[1][2][3] |
---|
| Primeira etapa – Saturno I[1] |
---|
altura | 24,48 m[1] |
---|
diámetro | 6,52 m[1] |
---|
masa baleiro | 45.267 kg[1] |
---|
masa cheo | 432.681 kg[1] |
---|
impulsado por | 8 H-1[1] |
---|
potencia máxima | 7582,1 kN[1] |
---|
Impulso específico | 255 s[1] |
---|
propelente | Osíxeno líquido e queroseno[1] |
---|
Segunda etapa – Saturno IV[1] |
---|
altura | 12,19 m[1] |
---|
diámetro | 5,49 m[1] |
---|
masa baleiro | 5217 kg[1] |
---|
masa cheo | 50.576 kg[1] |
---|
impulsado por | 6 RL-10[1] |
---|
potencia máxima | 400,346 kN[1] |
---|
Impulso específico | 410 s[1] |
---|
propelente | Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1] |
---|
Terceira etapa – Centaur C[1] |
---|
altura | 9,14 m[1] |
---|
diámetro | 3,05 m[1] |
---|
masa baleiro | 1996 kg[1] |
---|
masa cheo | 15.600 kg[1] |
---|
impulsado por | 2 RL-10A-1[1] |
---|
potencia máxima | 133,448 kN[1] |
---|
Impulso específico | 425 s[1] |
---|
propelente | Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1] |
---|
| [ editar datos en Wikidata ] |
Saturno I (denominado no seu momento tamén Juno V e Saturno C-1) foi o nome dun foguete dos Estados Unidos que deu comezo á familia de foguetes Saturno e que culminuou no Saturno V. Foi o maior foguete dos Estados Unidos ata aquel momento.[1][2][3]
Características
O Saturno I foi deseñado polo equipo de Wernher von Braun e consistía nun conxunto de oito tanques procedentes de foguetes Redstone rodeando un tanque dun Jupiter C e propulsado por oito motores H-1. O deseño en conxunto de tanques foi alcumado humoristicamente como Cluster's Last Stand (xogo de palabras con Custer's Last Stand, como se denomina ás veces á batalla de Little Bighorn). O foguete foi ideado inicialmente para levar a cabo os primeiros voos circumluares do proxecto Apollo, pero foi desenvolvido tan de xeito temperán que non había naves tripuladas dispoñibles para ser usadas nel.[1][2][3]
Os foguetes Saturno I clasifícanse en dous grupos:[1][2][3]
- Os do Bloque I non levaban segundas e terceiras etapas funcionais, senón maquetas recheas con auga e lastre e fixeron voos suborbitais.
- Os do Bloque II usaron segundas e terceiras etapas funcionais e foron lanzados en traxectorias orbitais.
O foguete fixo dez lanzamentos, a maior parte de proba. Varios refinamentos e melloras posteriores diron lugar ao Saturno IB.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
Voo[1][2][3]
|
Data[1][2][3]
|
Rampla de lanzamento[1][2][3]
|
Carga[1][2][3]
|
Resultado[1][2][3]
|
Notas[1][2][3]
|
SA-1
|
27 de outubro de 1961
|
Cabo Cañaveral LC-34
|
N/A
|
Éxito
|
Primeiro lanzamento dun Saturno I. Voo suborbital con 136 km de apoxeo.
|
SA-2
|
25 de abril de 1962
|
Cabo Cañaveral LC-34
|
N/A
|
Éxito
|
Segundo voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 145 km. O foguete foi explotado intencionadamente no apoxeo. A carga, dous tanques de auga simulando as segunda e terceira etapas, formaron unha nube de xeo a grande altitude no que se deu en chamar proxecto Highwater.
|
SA-3
|
16 de novembro de 1962
|
Cabo Cañaveral LC-34
|
N/A
|
Éxito
|
Terceiro voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 167 km. Segunda proba do proxecto Highwater.
|
SA-4
|
28 de marzo de 1963
|
Cabo Cañaveral LC-34
|
N/A
|
Éxito
|
Cuarto voo de probas suborbital, cun apoxeo de 129 km. Proba do sistema de compensación de fallo dun motor.
|
SA-5
|
29 de xaneiro de 1964
|
Cabo Cañaveral LC-37B
|
Etapa Saturno IV con lastre e instrumentos.
|
Éxito
|
Primeiro Saturno I do Bloque II, primeiro voo orbital poñendo en órbita a etapa Saturno IV.
|
SA-6
|
28 de maio de 1964
|
Cabo Cañaveral LC-37B
|
Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo.
|
Éxito
|
Segundo Saturno I do Bloque II.
|
SA-7
|
18 de setembro de 1964
|
Cabo Cañaveral LC-37B
|
Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo.
|
Éxito
|
Terceiro Saturno I do Bloque II.
|
SA-9
|
16 de febreiro de 1965
|
Cabo Cañaveral LC-37B
|
Pegasus 1 / Maqueta dunha nave Apolo.
|
Éxito
|
Cuarto Saturno I do Bloque II.
|
SA-8
|
25 de febreiro de 1965
|
Cabo Cañaveral LC-37B
|
Pegasus 2 / Maqueta dunha nave Apolo.
|
Éxito
|
Quinto Saturno I do Bloque II.
|
SA-10
|
30 de xullo de 1965
|
Cabo Cañaveral LC-37B
|
Pegasus 3 / Maqueta dunha nave Apolo.
|
Éxito
|
Sexto Saturno I do Bloque II, último voo dun foguete Saturno I.
|
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 Mark Wade (2017). "Saturn I" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|