Saturno Cal Muíños, finado en xuño de 1952, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria
Fotógrafo e agrarista. Foi concelleiro en 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde o 16 de xaneiro de 1924. En xullo de 1924 trasladouse a Madrid co delegado gobernativo para xestionar a canalización do río Alvedosa e o novo cárcere. Finou en xuño de 1952.[1]
Vida persoal
Casou con Josefa Fernández Esteiro e foi pai de Avelino e Raimundo Cal Fernández.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-7-1952, p. 6.
Véxase tamén
Ligazóns externas