Saturnino Mejuto Iglesias

Modelo:BiografíaSaturnino Mejuto Iglesias
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioSameig Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8562

José Saturnino Mejuto Iglesias, coñecido como Mejuto e Sameig, nado na Coruña en 1911 e finado no Grove o 17 de marzo de 1975, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Contable no Banco Español del Rio de la Plata da Coruña. Dirixente do sindicato da Banca da Coruña da UGT. Foi secretario do Club de Fútbol Coruña en 1932,[1] presidente en 1933,[2] e vicepresidente en 1934,[3] tamén organizou combates de boxeo.[4] Foi correspondente na Coruña do semanario deportivo Aire de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra na Coruña na causa 149/37 o 23 de marzo de 1937 por rebelión militar. Foi condenao a 15 anos. Cumpriu condena no Forte de San Cristovo onde ingresou o 17 de xuño de 1937. Participou na fuga do 22 de maio de 1938, foi capturado en Olave e reingresou o 24 de maio. Saíu en liberdade condicional o 9 de setembro de 1940. Foi vogal do Liceo de Monelos en 1941,[5] e secretario da coral Anaquiños da Terra de Madrid (1947).[6] Instalouse no Grove nos anos cincoenta, rexentou o bar Boga-Boga e foi axente de seguros. Correspondente no Grove de El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego, da axencia Cifra e logo da axencia EFE, asinaba as sús crónicas como Sameig. Foi presidente do Club Anduriña do Grove e foi nomeado cronista oficial do Grove en 1974.[7] Foi promotor da Asociación de Corresponsales de Prensa y Radio no profesionales.[8][9][10][11][12]

Recoñecementos

O Centro Unión de Hijos del Grove en Buenos Aires concedéulle unha medalla ao mérito en 1968.

Vida persoal

Casou con Aurora Medín Viñas en 1933.[13] Foi pai de José Luis, Aurora, Víctor Manuel e Ricardo Mejuto Medín. No Grove foi parella de Magdalena, que consevou o seu arquivo.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 21-8-1932, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 6-10-1933, p. 7.
  3. La Voz de Galicia, 17-1-1934, p. 5.
  4. El Ideal Gallego, 3-8-1934, p. 5.
  5. La Voz de Galicia, 15-8-1941, p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 11-3-1937, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 11-8-1974, p. 15.
  8. El Pueblo Gallego, 21-3-1975, p. 14.
  9. El Pueblo Gallego, 22-3-1975, p. 16.
  10. El Pueblo Gallego, 28-3-1975, p. 13.
  11. El Pueblo Gallego, 14-3-1976, p. 20.
  12. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-4-1975, p. 58.
  13. La Voz de Galicia, 29-12-1933, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas