Satellite Data System
Satellite Data System ou SDS, nome en código Quasar, é unha serie de satélites de comunicacións clasificados que dan servizo a satélites de recoñecemento estadounidenses.[1]
Características
Os satélites SDS sirven de enlace entre satélites de recoñecemento como os KH-11 e as estacións de terra. Tamén serven para ofrecer comunicacións a aeronaves da USAF en rutas polares e a estacións terrestres da Rede de Control Satelital da Forza Aérea (AFSCN). O sistema foi desenvolvido pola Forza Aérea e consta de varias familias de satélites en diferentes órbitas, tanto xeoestacionaria como órbitas elípticas polares, para cubrir todo o globo e latitudes. O nome en código Quasar foi confirmado por unha filtración en 2013.[1]
SDS 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7
Os primeiros sete satélites SDS lanzáronse entre 1976 e 1987, cunha masa duns 628 kg cada un e 12 canais de comunicación dispoñibles. Usaban o bus HS-350 e o reflector da súa antena tiña uns 3 m de diámetro. As células solares de cada satélite producían ata 980 W de potencia.[2]
SDS-2 1, 2, 3 a 4
A segunda xeración de satélites SDS levaban tres antenas e tiñan unha masa duns 3000 kg. Foron deseñados para ser lanzados usando un transbordador espacial, aínda que o cuarto foi lanzado mediante un foguete Titan 4. As células de cada satélite xeraban ata 1238 W de potencia.[3]
SDS-3 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8
A terceira xeración foi lanzada entre 1998 e 2014 e consta de oito unidades con especificacións descoñecidas.[4]
SDS-4 1 e 2
A cuarta xeración de satélites SDS lanzouse entre 2016 e 2017. As especificacións son descoñecidas.[5]
Historial de lanzamentos
Misión[1][2][3][4][5]
|
Data de lanzamento[1][2][3][4][5]
|
Foguete lanzador[1][2][3][4][5]
|
Notas[1][2][3][4][5]
|
SDS 1
|
2 de xuño de 1976
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS 2
|
6 de agosto de 1976
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS 3
|
5 de agosto de 1978
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS 4
|
13 de decembro de 1980
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS 5
|
28 de agosto de 1984
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS 6
|
8 de febreiro de 1985
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS 7
|
12 de febreiro de 1987
|
Titan 3(34)B Agena-D
|
Éxito
|
SDS-2 1
|
8 de agosto de 1989
|
Transbordador espacial Columbia
|
Éxito
|
SDS-2 2
|
15 de novembro de 1990
|
Transbordador espacial Atlantis
|
Éxito
|
SDS-2 3
|
2 de decembro de 1992
|
Transbordador espacial Discovery
|
Éxito
|
SDS-2 4
|
3 de xullo de 1996
|
Titan 4(05)A
|
Éxito
|
SDS-3 1
|
29 de xaneiro de 1998
|
Atlas 2A
|
Éxito
|
SDS-3 2
|
6 de decembro de 2000
|
Atlas 2AS
|
Éxito
|
SDS-3 3
|
11 de outubro de 2001
|
Atlas 2AS
|
Éxito
|
SDS-3 4
|
31 de agosto de 2004
|
Atlas 2AS
|
Éxito
|
SDS-3 5
|
10 de decembro de 2007
|
Atlas 5
|
Éxito
|
SDS-3 6
|
11 de marzo de 2011
|
Delta 4M
|
Éxito
|
SDS-3 7
|
20 de xuño de 2012
|
Atlas 5
|
Éxito
|
SDS-3 8
|
22 de maio de 2014
|
Atlas 5
|
Éxito
|
SDS-4 1
|
28 de xullo de 2016
|
Atlas 5
|
Éxito
|
SDS-4 2
|
15 de outubro de 2017
|
Atlas 5
|
Éxito
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Quasar" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Quasar 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 (SDS 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Quasar 8, 9, 10, 11 (SDS-2 1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Quasar 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 (SDS-3 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Quasar 20, 21 (SDS-4 1, 2)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|