Aleksandar "Sasha" Pavlović (serbio cirílico: Александар "Саша" Павловић), nado en Bar o 15 de novembro de 1983, é un xogador profesional de baloncesto serbio que actualmente é axente libre.
Traxectoria deportiva
Pavlović foi seleccionado polos Utah Jazz na 19ª posición do Draft de 2003, e xogou en Utah unha tempada antes de ser traspasados aos Cleveland Cavaliers. Na súa primeira tempada na liga fixo 4.8 puntos por partido, o mesmos que na súa primeira tempada en Cleveland. O 30 de xaneiro de 2007, tras saír de titular ante os Golden State Warriors, anotou 24 puntos, a súa mellor marca na NBA. Dende entón, o seu número de minutos de xogo aumentou de forma moi considerable.
En catro anos na liga, Pavlović fixo practicamente 4.8 puntos en todas as tempadas, excepto na 2004-05, na cal os seus números foron de 4.5 puntos por partido, e na 2006-07, na que levaba 4.8 ata o seu partido contra Golden State. Ao final, rematou con 9 puntos por partido, e dende febreiro de 2007, 11.2 puntos.
O 10 de xaneiro de 2011 asinou un contrato de 10 días cos Dallas Mavericks,[1] e tras finalizar o seu segundo contrato co equipo, foi fichado polos New Orleans Hornets. O 3 de marzo de 2011 asinou cos Boston Celtics.[2]
O 20 de xullo de 2012, Pavlović foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos.[3]
Tras a secesión de Montenegro, Pavlovic elixiu xogar con Serbia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|