"Sarri, Sarri"
|
|
canción de Kortatu
|
do álbum Kortatu
|
Lanzamento
|
1985
|
Formato
|
{{{formato}}}
|
Gravada
|
1985
|
Xénero musical
|
ska
|
Lingua(s)
|
{{{lingua}}}
|
Duración
|
4:07
|
Discográfica
|
Oihuka
|
Produtor(es)
|
|
Escritor(es)
|
|
Miscelanea
|
{{{miscelanea}}}
|
"Sarri, Sarri" é unha canción en éuscaro do grupo Kortatu, posiblemente a máis soada do grupo. A letra é de Lurdes e Josu Landa sobre a música de "Chatty, Chatty", do grupo xamaicano Toots and the Maytals, composta por Frederick "Toots" Hibbert. Na canción colaborou Ruper Ordorika. É a segunda canción da cara B do disco Kortatu.
A letra foi escrita en 1985 por mor da fuga da prisión de Martutene (Guipúscoa), o 7 de xullo dese ano, de dous presos condenados pola súa pertenza a ETA, agachados en senllos altofalantes tras un concerto do cantautor Imanol Larzabal. Tratábase de Iñaki Pikabea, Piti, e de Joseba Sarrionandia, Sarri, este último escritor de renome no campo da literatura vasca cuxo alcume dá título á canción.
A letra da canción foi encirrada case vinte anos máis tarde pola Asociación de Vítimas do Terrorismo para promover un boicot a Fermin Muguruza, cantante que noutro tempo fora membro do trío Kortatu. A AVT terminou denunciando a Fermín por tocala en varios concertos.
Véxase tamén
Ligazóns externas