O xénero comprende actualmente algo máis de 20 especies recoñecidas (ITIS recoñece 23,[3] mentres que FishBase só 21) [4] que son peixes xeralmente costeiros, gregarios, que abundan nas augas cálidas e se encontran en case calquera nos océanos en zonas tropicais e subtropicais.
Algunhas especies recoñécense pola súa presenza en determinadas zonas, pero tamén poden distinguirse por algunhas características moi específicas da súa anatomía, aínda que é frecuente que sexan confundidas con outras doutros xéneros similares.
Algúns dos trazos comúns é que son especies mariñas peláxicas que forman grandes cardumes. Os individuos xuvenís de Sardinella encóntranse a miúdo en albufeiras, lagoas litorais e esteiros, aínda que é máis común encontrar os adultos en augas máis profundas, un pouco máis lonxe da costa.
Como excepción, a especie Sardinella tawilis vive en auga doce, nun lago de Filipinas.
Especies
Segundo o SIIT recoñécense na actualidade as seguintes especies:[3]
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF