Sarandós, Abegondo

Sarandós
Torre de Peito de Bordel.
ConcelloAbegondo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°13′23″N 8°20′06″O / 43.2231, -8.3349
Poboación525 hab. (2016)
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Sarandós é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 525 habitantes (267 mulleres e 258 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 630 habitantes. Linda coa parroquia de Figueiroa ao leste, ao norte e oeste con Carral e Herves e ao sur con Montouto, Abegondo.

Etimoloxía

Sarandós procede probablemente dun antropónimo xermánico composto de dous elementos: "sa" e "rand". Xorde entre o século VII e X.[2][3]

Patrimonio

Mapa xeográfico de Sarandós.

Castro de Xeixade e de Bordelle

Consérvanse restos de dous poboados castrexos:

O Castro de Xeixade é un posible casto da idade de ferro-romana e que está moi destruído, polo que non se pode asegurar a súa existencia. A súa posible forma sería ovalada e estaría no lugar da Agra dos Castros.[2][4].

O Castro de Bordelle está moi derruído e non conservado. A súa morfoloxía é complexo reconstruíla. Sería un castro da idade de ferro-romana de 100 por 58 metros e ovalado, que aproveita a forte pendente, polo norte e oeste, como defensa natural. Polo sur e leste podería haber restos dun pequeno parapeto cortado pola pista da concentración[2][4].

Monte Lourido e as Covas de Mouros

O Monte Lourido e as Covas de Mouros son un asentamento fortificado e de explotación mineira da idade ferro-romana na Aquelabanda. A extracción de grava destruíu o xacemento[4].

Unha cita popular recolle unha lenda relacionada con este xacemento[2]:

Segundo a tradición popular no lugar da Fraga (en Montouto) existen unhas covas que eran empregadas polos Mouros para levar os seus cabalos a beber ó rueiro de Bordel (Sarandós). Por isto, narran que os Mouros gardaron nas xa ditas covas un pote de ferro cheo de moedas de ouro. Este pote aparecía ás veces nas leiras e montes do lugar. Unha vez un home que ía traballar ó monte viu o pote, entón foi ós catro pés a acarón das casas máis próximas para pedir axuda ós veciños. Catro homes acompañaron ó noso protagonista ó monte, mais cando chegaron o pote xa non estaba. Todo este ouro do que estivemos a falar -segundo a tradición popular- foi cara ó mar ó non ser atopado.
Esculca nº 5[5]

Monte dos Matos

O Monte dos Matos, na Cruz de Beira, é un asentamento fortificado da idade media, dunha dimensión de 20 por 15 metros. Son un conxunto de estruturas concéntricas que defenden un pequeno recinto interior de forma rectangular e na que se observan dúas liñas de muralla separadas por un foxo. Suponse que este na súa orixe era máis completo: cun segundo foxo, un parapeto e exteriores. A entrada a este asentamento estaría de cara ao norte, como agora o está a actual estrada. Degradouse pola construción da estrada e consérvase en mal estado.[4].

Peito Bordel

A Torre de Peito Bordel atópase no lugar de Bordel. O edificio actual está habilitado como vivenda particular e parcialmente restaurado e data do século XVII. A construción máis antiga que o forma é unha torre arruinada do século XII. O edificio é de dúas alturas cun corpo de tres alturas e cunha fachada revestida de hedras. O corpo máis alto do edificio dá á rúa e é unha planta en "U" con renxías de distintas dimensións. Os muros son de cantería e cachotaría de granito recebados e con vans encintados en cantería, que locen un escudo cadrado na fachada principal, en referencia a liñaxe dos Figueroa e Andrade [5][6]·

Segundo a lenda das cen doncelas aquí eran recluídas as mozas cristiás destinadas aos haréns dos musulmáns ata que eran embarcadas cara ao seu destino. Por iso o coñecido como o Tributo das cen doncelas tamén se lle chamou Peito Bordel. Así ata que cinco fidalgos da liñaxe Figueroa e seguramente residentes ou ligados ao marquesado da lindeira parroquia de Figueroa, fartos de semellante aldraxe e armados só con ramas de figueira, puxeron en fuxida aos mouros de Abderramán.[7] Sobre un arco de medio punto que dá acceso á edificación, hai un escudo cadrado coas armas dos Figueroa e os Andrade e, debaixo, a cabeza dunha muller[8][9][10].

Eladio Rodríguez [11] considera que esta lenda é pura fantasía e que o nome de bordel lle vén do verbo bordelar, que significa solear, poñer unha segunda xugada á que vai turrando do carro para axudar a subir costas ou levar grandes pesos. Este tipo de axuda era moi común na Galicia rural e puido utilizarse para levantar a torre, polo que recibiu o nome de peito bordel. Igualmente, rexeita, pola mesma razón, que o nome teña nada que ver co significado de bordel, casa de prostitución[12]. Todo isto non obsta para que noutro lugar do seu Dicionario pareza aceptar a tradición das cen doncelas e o seu glorioso rescate:

En el lugar de Valdoncel, según la tradición cuenta, se rescató por heroísmo el legendario tributo de las cien doncellas en la torre de Peito Bordel, parroquia de Sarandones, Ayuntamiento de Abegondo.
s. v. betanceiro

Igrexa de Santa María de Sarandós

A igrexa parroquial de Santa María de Sarandós é de estilo barroco, do século XVIII, e dunha tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Ten unha planta rectangular, con tres naves separadas por arcos. Destaca pola súa fachada principal, con dúas cruces e unha escultura da imaxe da Santa María, sobre da ventá do coro. É espadada dobre e cuberta a dúas augas coa estrutura de cercas e tella curva. Aos pés da igrexa está situada a fonte dos remedios, a chamada Fonte santa ou Fonte dos Remedios, e que é unha parada obrigada para os que acoden á romaría dos Remedios, que se celebra tódolos anos[6]. Preto da igrexa está o cruceiro de Sarandós, na baixada dos Valiños dende Figueiroa . Trátase dunha obre sobre dun pedestal de base cadrada e un arrinque de fuste con sección octogonal. Na cruz está polo anverso coa imaxe de Cristo e polo reverso coa imaxe da Virxe, ámbalas dúas figuras feitas na talla primitiva[6].

Cantar popular mencionando á virxe da igrexa e á parroquia lindeira:

A Virgen de Sarandós
Ten unha mantilla nova
Para ir a visitar
San Miguel de Figueiroa.

Capela de San Xoán de Sarandós

Asentada no centro da Calle, atópase esta capela, dunha tipoloxía frecuente na comarca. É un templo do primeiro barroco, do século XVII, cun estilo máis relevante do rexurdimento. É de pequeno tamaño e dunha estrutura simple, de planta rectangular e dunha soa nave. Está feita de pedra e dunha factura moi sinxela[6]. A fachada loce un escudo dos Moscoso, os Andrade, os Armada, Rioboo, Villardefrancos e Ribadeneira, sendo o século mais relevante o XVII e de estilo predominante Renacentista [14].

Casa de Filipe II

Casa de Filipe II

A Casa de Filipe II, tamén denominada Pazo de Barral, foi construída na primeira metade do século XVI e sitúase na Calle. Tal e como se indica nun dos seus escudos da fachada, nela fixo noite o Rei Filipe II de España, para embarcar dende a Coruña cara a Inglaterra e contraer nupcias coa súa tía, a Raíña María Tudor. A un e outro lado das armas reais, na fachada lese: "FELIPE II ESTUBO EN ESTA CASA ANO 1554". O edificio, que forma parte dese rueiro, está composto por dúas plantas, e ademais de escudos, nas súas fachadas ten arcos conopuais e linteis decorados. As portas están adornadas con arcos e resaltan a porta central con bolas. Un dos escudos na fachada é o da familia de Fernando González de Barral e Soutomaior, quen posuíu o terreo, e o outro é un escudo da realeza española, ao que non lle falta o cáliz heráldico do Reino de Galicia.[5][6][15].

Foi o fundador do vínculo e morgado en 1547 o Xuíz Rexedor da Vila de Noia, don Gómez do Barral, fillo da súa nai dona Inés Gómez; desposouse en primeiras nupcias con dona María Fernández de Leis, e en segundas con dona María Rodríguez de Verducido. Sucederíalle no morgado o seu fillo, do primeiro matrimonio, don Fernando González de Barral e Sotomayor, desposado con dona Catalina Sánchez de Boado; que era dos Sánchez de Boado das Casas de Montouto e Boado. Sucédelles a súa primoxénita dona María Sánchez de Barral (ou tamén, Sánchez de Romay) que contraería matrimonio con don Sebastián Cacharrón Varela e Ulloa, fillo de don Alonso García de Ulloa e dona María Ares de Vaamonde (ou Ares de Balboa); sería o seguinte señor desta Casa o primoxénito de Sebastián e María, don Alonso Gómez de Ulloa, que casaría con dona Margarita Sanjurjo Montenegro e estes terían a don Francisco Gómez de Ulloa. Outros fillos de Sebastián e María serían; dona Inés López de Barral e Ventosa, casada co señor do Pazo de Canedo (en Sta. Mariña de Beira) don Francisco López Bermúdez, fillo de don Juan Gómez Bermúdez, o mozo e de dona Urraca Fernández de Moscoso, este Juan Gómez sería fillo doutro Juan Gómez Bermúdez alcumado o vello, e da súa muller, dona Elena de Veira Riobóo; tamén dona Isabel Sánchez de Boado, don Francisco González de Romay e dona Catalina Sánchez de Boado, que atoparía esposo no Capitán don Valerio Freire de Andrade, de nobres estirpes todos eles. Sucedería a don Francisco Gómez de Ulloa o seu fillo, don Mauro Gómez de Ulloa e a este o seu fillo don Andrés Antonio Gómez de Ulloa e Romay (ou e Romay Varela) que foi Tenente de Fusileros dos Reais Exércitos da súa Maxestade; e que casou con dona Juana Posse de Lamas. Deles, nacería dona María Francisca de Ulloa e Posse, quen casou co Licenciado don Rodrigo Antonio Moscoso e Caamaño, Avogado da Real Audiencia de Galicia, oriúndo das terras de Bergantiños. Estes últimos, señorearían o Pazo a finais do século XVIII e quizais principios do XIX.[16]

Convento de Sarandós

Construído no século XIX, preto da igrexa parroquial. Foi un antigo hospital. A denominación procede por un edificio anterior ao actual que servira de convento e que se achaba no mesmo lugar. Ese antigo priorado de Sarandós era un dos que, segundo Ramón Villares, no século XVIII achegaba ingresos ao mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Do arquivo particular dos donos da casa, despréndese que o fundador do vínculo de Sarandós foi Gómez de Barral, rexedor de Santiago no ano 1547, e que estivo en mans eclesiásticas ata o 1836 [4][14]. Na parede do muro que linda coa estrada que vai cara a Bordelle, hai un reloxo de sol e mostra dous escudos de Figueroa.

Nas terras deste convento hai unha fonte de dimensións considerables. Está situada no lateral norte da leira e foi feita con cachotería. A súa planta é circular, ten pouca altura[4].

Casa reitoral de Santa María de Sarandós

No Rueiro está a casa reitoral da parroquia. Foi levantada no século XVII e reformada no XVIII, dándolle un estilo máis relevante barroco. É unha casa grande nobre rural, de planta rectangular e barroca e dun estilo propio mariñán. A fábrica é de cantería e cachotería revocada e pintada en branco. A cuberta é de tres augas e tellada. No balcón central, con galería de madeira, loce o escudo dos Figueroa[4].

Casa das Veigas

Nas Veigas hai unha vivenda que destaca polo seu estilo americano de construción. Posúe unha planta rectangular de tres alturas, muros de ladrillo enfuscado e dúas augas de tella árabe. A fachada principal ten vans de madeira. Na leira hai cortes e un amplo pombal. A casa estivo vinculada a propiedades do marqués de Figueroa[4].

Lavadoiro dos Remedios

Ao pé da estrada e do regato de Gueixadiña está este lavadoiro. Está pechado por unha tapia de cachotería. Ten un remate en penal que consta dunha pía de formigón limitada por un muro baixo de cachotería con remate de penal.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Sarandós

Lugares da parroquia de Sarandós no concello de Abegondo (A Coruña)

Aquelabanda | Ardexurxo | Ardilleiros | Barreiros | Bordel | Bordelle | A Calle | Cruz de Beira | Desabanda | Fontán | O Nogueiral | O Rueiro | Xeixade

Parroquias de Abegondo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media. Sánchez Pardo, José Carlos
  3. Sacau Rodríguez, G (1998-2004). Os nomes da Ría de Vigo. Vigo. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 [1] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. A Xanela, Revista Cultural das Mariñas.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Turgalicia
  7. Algunhas fontes falan do ano 765 e outras do 791. No ano 1992 colocouse na torre unha placa na que se sitúan estes feitos no século IX.
  8. [2] "O noso patrimonio. Castelos de Galicia"
  9. [3] Arquivado 05 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Figueroa de Peito de Bordel, Xenealoxía.org
  10. [4] O Tributo das cen doncelas
  11. Diccionario enciclopédico gallego-castellano, s. v. peito.
  12. Isem, s. v. bordel.
  13. Boletín 92 (Redacción). "Cantares Populares". Real Academia Galega.
  14. 14,0 14,1 [5] SARANDONS (Abegondo).- Capela de San Xoan - Casa de Felipe II - O Convento - Igrexa parroquial de Santa Maria
  15. [6] Arquivado 18 de agosto de 2020 en Wayback Machine. Concello de Abegondo
  16. Información obtida dos rexistros do Arquivo do Reino de Galicia. Pleito da Real Audiencia en 1735 coa siguiente sinatura: Caixa 9151 35 Enlace á A.R.G: https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arg/gl/consulta/resultados_busqueda.do?posicion=18&id=171144&forma=ficha

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

Pulang Malu Tak Pulang RinduGenre Drama Roman Komedi SutradaraVemmy SagitaPemeran Ringgo Agus Rahman Syahnaz Sadiqah Giovanni L. Tobing Frans Damanik Abio Abie Penggubah lagu temaArmadaLagu pembukaPulang Malu Tak Pulang Rindu oleh ArmadaLagu penutupPulang Malu Tak Pulang Rindu oleh ArmadaNegara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaJmlh. musim1Jmlh. episode17ProduksiProduserLeo SutantoPengaturan kameraMulti-kameraRumah produksiSinemArt (MNC Pictures)DistributorMedia Nusantara CitraRilis as...

 

Cet article est une ébauche concernant les coléoptères. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Haliplidae Haliplidae (Haliplidae species from Reitter 1909)Classification Règne Animalia Embranchement Arthropoda Sous-embr. Hexapoda Classe Insecta Sous-classe Pterygota Infra-classe Neoptera Ordre Coleoptera Sous-ordre Adephaga Super-famille Haliploidea FamilleHaliplidaeAube, 1836 Les Haliplidae sont un...

 

Former Single-Seater Racing Championship A Formula Asia 2000 race. Formula Asia, also known as Asian Formula 2000, was a class of open wheel formula racing. The formula used an Argo chassis coupled with a 16-valve Ford Zetec 1,800cc engine. There was only one championship held in Asia from 1994 until 2002, organized and promoted by Motorsport Asia Ltd. It was established to assist young Asian drivers make the transition from karting to European formulae such as Formula Ford and Formula Renaul...

Stefan BellofLahir(1957-11-20)20 November 1957Gießen, Jerman BaratMeninggal1 September 1985(1985-09-01) (umur 27)Sirkuit Spa-Francorchamps, BelgiaSebab meninggalCedera internal hebat akibat kecelakaan balapKarier Kejuaraan Dunia Formula SatuKebangsaan JermanTahun aktif1984–1985TimTyrrellJumlah lomba22 (20 starts)Juara Dunia0Menang0Podium0[1]Total poin4Posisi pole0Lap tercepat0Lomba pertamaGrand Prix Brasil 1984Lomba terakhirGrand Prix Belanda 1985 Stefan Bellof (20 November 19...

 

Territory of the United States of America (1850–1912) Territory of New MexicoOrganized incorporated territory of the United States1850–1912 Flag (1896–1908) Seal (1887–1912) Map of the later Arizona and New Mexico Territories, split from the original New Mexico Territory of 1851, showing existing countiesCapitalSanta FeGovernment • TypeOrganized incorporated territoryGovernor • 1851–1852 James S. Calhoun• 1910–1912 William J. Mills LegislatureNew Mex...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

Small nucleolar RNA R44/J54/Z268 familyPredicted secondary structure and sequence conservation of snoR44_J54IdentifiersSymbolsnoR44_J54RfamRF00357Other dataRNA typeGene; snRNA; snoRNA; CD-boxDomain(s)EukaryotaGOGO:0006396 GO:0005730SOSO:0000593PDB structuresPDBe In molecular biology, Small nucleolar RNA R44/J54/Z268 refers to a group of related non-coding RNA (ncRNA) molecules which function in the biogenesis of other small nuclear RNAs (snRNAs). These small nucleolar RNAs (snoRNAs) are modif...

 

Pour les articles homonymes, voir Ballon. Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Cet article ne cite pas suffisamment ses sources (septembre 2019). Si vous disposez d'ouvrages ou d'articles de référence ou si vous connaissez des sites web de qualité traitant du thème abordé ici, merci de compléter l'article en donnant les références utiles à sa vérifiabilité et en les liant à la section « Notes et références ». En pratique&#...

 

此條目已列出參考文獻,但因為沒有文內引註而使來源仍然不明。 (2017年9月30日)请加上合适的文內引註来改善这篇条目。 大韓民國的律師대한민국 변호사别名大韓民國辯護士刁蛮女律师编剧徐淑香导演尹在文主演李成宰、李水京、韓恩貞、柳秀榮制作国家/地区 韩国语言韓語集数16每集长度70分鐘播出信息 首播频道MBC電視台播出国家/地区 韩国播出日期2008年7月9日...

Ця стаття потребує додаткових посилань на джерела для поліпшення її перевірності. Будь ласка, допоможіть удосконалити цю статтю, додавши посилання на надійні (авторитетні) джерела. Зверніться на сторінку обговорення за поясненнями та допоможіть виправити недоліки. Мат...

 

莎拉·阿什頓-西里洛2023年8月,阿什頓-西里洛穿著軍服出生 (1977-07-09) 1977年7月9日(46歲) 美國佛羅里達州国籍 美國别名莎拉·阿什頓(Sarah Ashton)莎拉·西里洛(Sarah Cirillo)金髮女郎(Blonde)职业記者、活動家、政治活動家和候選人、軍醫活跃时期2020年—雇主內華達州共和黨候選人(2020年)《Political.tips》(2020年—)《LGBTQ國度》(2022年3月—2022年10月)烏克蘭媒�...

 

Cultural center in Barcelona The CCCB in 2007 The Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (also known by its acronym, CCCB) is an arts centre in Barcelona, Catalonia, Spain. Situated in the Raval district, the centre's core theme is the city and urban culture. The CCCB organizes exhibitions, debates, festivals and concerts, film cycles, courses, lectures, and other activities.[1] Activities Situated in the Raval district, the centre's core theme is the city and urban culture. Th...

كأس تركيا 2017–18 تفاصيل الموسم كأس تركيا  النسخة 56  البلد تركيا  التاريخ بداية:22 أغسطس 2017  نهاية:10 مايو 2018  المنظم اتحاد تركيا لكرة القدم  البطل نادي بلدية آكهيسار سبور  مباريات ملعوبة 188   عدد المشاركين 159   كأس تركيا 2016–17  كأس تركيا 2018–19  تعديل مصد...

 

Resident Evil: ApocalypsePoster film.SutradaraAlexander WittProduserPaul AndersonJeremy BoltDon CarmodyDitulis olehPaul AndersonPemeranMilla Jovovich Sienna Guillory Oded Fehr Mike Epps Sandrine Holt Sophie VavasseurPenata musikJeff DannaSinematograferDerek Rogers Christian SebaldtPenyuntingEddie HamiltonPerusahaanproduksiConstantin FilmDavis FilmsImpact PicturesDistributorScreen GemsTanggal rilis 10 September 2004 8 Oktober 2004 11 September 2004 21 Oktober 2004Durasi94 menit98 menit (...

 

Political party in Serbia Serbian Patriotic Alliance Српски патриотски савезSrpski patriotski savezAbbreviationSPASPresidentAleksandar ŠapićFounded21 July 2018 (2018-07-21)Dissolved26 May 2021 (2021-05-26)Merged intoSerbian Progressive PartyHeadquartersBulevar Milutina Milankovića 120b, BelgradeYouth wingYouth NetworkWomen's wingWomen's NetworkIdeologyNational conservatismRight-wing populismPolitical positionRight-wingColours...

同蒲铁路位于运城市风陵渡镇境内的风陵渡隧道口以及太原、西安两局分界点概覽營運地點 中国山西省、陕西省服務類型客运铁路、货运铁路主要車站大同站、太原站、侯马站、孟塬站技術數據營運長度865 km軌距1435毫米(标准轨)電氣化方式接触网供电:50Hz 25,000V 路線圖 圖例  京包铁路往北京北方向 0 大同站  京包铁路往包头方向 10 平旺站  大秦铁路往�...

 

Map of the major rivers, lakes, dams, barrages and reservoirs in Pakistan This is a list of barrages and headworks in Pakistan. Khyber Pakhtunkhwa Picture Name River Year completed Ref. Munda Headworks Swat 1931 [1] Punjab Picture Name River Year completed Ref. Balloki Headworks Ravi 1915 1966 (remodeling) [2] Chashma Barrage Indus 1971 [3] Ghazi Brotha Barrage Indus 2004 [4] Islam Headworks Sutlej 1927 [5] Jinnah Barrage Indus 1946 [6][7&#...

 

Preparatory school in Edinburgh, ScotlandCargilfield Preparatory SchoolAddress45 Gamekeeper's RoadEdinburgh, EH4 6HUScotlandCoordinates55°58′11″N 3°18′00″W / 55.96971°N 3.30004°W / 55.96971; -3.30004InformationTypePreparatory schoolDay & Boarding SchoolMottoDeo Custode(With God as [a] guardian)Religious affiliation(s)Church of ScotlandEstablished1873FounderRev Daniel Charles Darnell[1]HeadmasterRob TaylorGenderCo-educationalAge3 to 13Enrolm...

加纳总理加纳国旗任命者加纳总督 (1957–1960)加纳总统 (1969–1972)设立1957年3月6日首任夸梅·恩克鲁玛末任科菲·阿布雷法·布西亚(英语:Kofi Abrefa Busia)废止1972年1月13日 加纳总理,是1957年到1972年加纳的政府首脑。 加纳总理(1957–1972) # 照片 名(生–卒) 上任 卸任 政党 英联邦加纳总理 1 夸梅·恩克鲁玛(1909–1972) 1957年3月6日 1960年7月1日 大会人民党 加纳共和国总理 职位废除 (...

 

Venture capitalist Laura DemingDeming speaking at TechCrunch Disrupt SF 2018Born1994 (age 29–30)[1]NationalityNew ZealanderAlma materMassachusetts Institute of Technology (dropped out)AwardsThiel FellowshipForbes 30 Under 30Scientific careerFieldsLife extensionInstitutionsThe Longevity FundAcademic advisorsCynthia Kenyon Laura Deming (born 1994) is a venture capitalist whose work focuses on life extension, and using biological research to reduce or reverse the effects ...