Santiago Villanueva Álvarez, nado en Monterrei o 24 de xullo de 1966, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xefe do servizo de formación e estudos e publicacións da Academia Galega de Seguridade Pública, e logo subdirector xeral de Xestión, Cooperación e Réxime Xurídico (1995-1998). Foi subdirector xeral da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia en 2005. En 2009 foi director xeral de Emerxencias e Interior. Permaneceu neste posto ata novembro de 2014, cando foi nomeado delegado do goberno en Galicia[1], cargo que ocupou ata o seu cesamento en xuño de 2018.[2]
Notas