Santa Xusta de Moraña, Moraña

Santa Xusta de Moraña
Igrexa parroquial.
ConcelloMoraña[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°35′10″N 8°34′19″O / 42.58611111, -8.57194444
Poboación477 hab. (2014)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 477 habitantes, sendo 220 homes e 257 mulleres.

No santuario de Santa Xusta de Moraña acoden os que se cren vítimas do mal de ollo para botar fóra o meigallo. Bouza Brey [2] atribúe a iso a representación da Santa como muiñeira, cunha vasoira na man, coa que limpa o feitizo ou símbolo das mesmas bruxas causantes do mal. Este atributo queda reflictido así no cantigueiro popular:

Cantigueiro
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [2].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [2].

Lugares e parroquias

Lugares de Santa Xusta de Moraña

Lugares da parroquia de Santa Xusta de Moraña no concello de Moraña (Pontevedra)

Alende | A Bouza | As Casiñas | A Igrexa | O Lameiro | A Laxe | Longás | As Pontellas | Rial | As Teixugueiras

Parroquias de Moraña

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].

Outros artigos