Igual que do resto da parroquia, os datos históricos conservados son moi xerales. No século X foi cambiasa por Borrell II por outros territorios na Cerdanya e o Alt Urgell, posesións do bispo de Urgell. Foi a primitiva parroquia de Andorra, como aparece na acta de consagración de La Seu d'Urgell (1007) na que se cita Andorra cum Sancta Columba.
A localidade é moi coñecida pola súa igrexa parroquial prerrománica de Santa Coloma, xa citada no 839, co campanario cilíndrico que constitúe a súa característica máis destacada. O conxunto histórico de Santa Coloma, coas súas igrexas de Santa Coloma e Sant Vicenç d'Enclar, foi proposto como Patrimonio da Humanidade en 1999 na categoría de patrimonio cultural.[3]
Santa Coloma d'Andorra é a sede do arciprestado de Andorra. Nela atópase a sede social de varias institucións da igrexa andorrana, como por exemplo Càrites.
Notas
↑Servei de Política Lingüística (Govern d'Andorra), ed. (20 de outubro de 2010). "Aprobado o Nomenclátor de Andorra". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2010.
↑Departament d’Estadística d'Andorra (ed.). "Població per poble". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2010.