Sandra Cauffman, nada en San Xosé o 10 de maio de 1962, é unha especialista en Enxeñaría eléctrica e Física costarriqueña destacada polo seu traballo na NASA en distintos cargos. O seu perfil foi destacado por ONU Mulleres[1], por ser un exemplo positivo para as mulleres, especialmente, mozas e nenas.
Traxectoria
Cauffman naceu nun fogar uniparental de poucos recursos en Hatillo, filla de María Jerónima “Mary Alba” Rojas Montero.[2]
Cursou tres anos de enxeñaría industrial na Universidade de Costa Rica.[3] A nai de Sandra casou cun estadounidense cando Sandra tiña 14 anos que se converteu no seu pai adoptivo. Cando Cauffmann tiña 21 anos, a súa familia mudouse aos Estados Unidos por razóns económicas, persoais e de oportunidades educativas.[4] Neste país ingresou na Universidade George Mason, onde obtivo o dobre grao en enxeñaría e física.[3][nota 1] Conta tamén cun mestrado en enxeñería eléctrica nesta última universidade.[3][5]
Traballo na NASA
Sandra Cauffman traballou en distintas misións da NASA. Antes xa participara como subdirectora de proxecto da Misión de Evolución Atmosférica e Volátil de Marte, traballo co que comezou a ser amplamente recoñecida en Costa Rica.[6] Posteriormente traballou con subdirectora do Programa de Sistema de Satélites Xeoestacionarios GOES-R[7] Dende 2016 traballou como subdirectora e dende 2019 como directora da División de Ciencias Terrestres da Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (NASA).[8][9] Este traballo consiste en xestionar misións para o desenvolvemento da tecnoloxía, a ciencia aplicada, a investigación, a execución de misións e operacións.[10]
Cauffman interésase por unha proxección social que permita a máis mozas e mozos costarriqueños, especialmente mulleres, achegarse ás ciencias. En 2016 axudou a que a Fundación Monge patrocinase a viaxe de seis novos costarriqueños para que puidesen asistir na NASA ao lanzamento dun satélite.[11][12][13]
Notas
- Referencias
Véxase tamén
Bibliografía