San Simón da Costa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 366 habitantes (183 homes e 183 mulleres) repartidos en 82 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 651 habitantes.
Economía
Nesta parroquia fabrícase artesanalmente un tipo de queixo único que deu lugar á D.O. San Simón da Costa. O queixo é en forma cónica, tratado con fume de casca de bidueiro. Está sendo comercializado por pequenas cooperativas de produtores.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de San Simón da Costa entre 2000 e 2020 |
|
Datos segundo o IGE.[2]
|
Lugares e parroquias
Lugares de San Simón da Costa
Parroquias de Vilalba
Notas
Véxase tamén
Outros artigos