Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
San Cibrao.
San Cibrao da Repostería é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 53 habitantes, deles 28 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.
Patrimonio
A igrexa de San Cibrao da Repostería é románica do século XII con profundas reformas posteriores no século XIX. Conserva só a nave da súa primitiva traza, a ábsida e o arco toral desapareceron. Frontis con porta principal de arco de medio punto oculto por un lintel pentagonal, cunha cruz incisa de dobre trazo transversal, culminando nunha espadana dun só van. No lateral sur presenta outra porta de arco de medio punto con tímpano decorado cunha cruz de oito brazos inscrita nun círculo.
O pazo de Leilón.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de San Cibrao da Repostería
Parroquias de Palas de Rei
Notas
Véxase tamén
Outros artigos