«Samma stjärnor lysa för oss två» (en galego: «A mesma estrela brilla para nós dous») é unha canción composta por Åke Gerhard e interpretada en sueco por Alice Babs.[1] Foi elixida para representar a Suecia no Festival de Eurovisión de 1958 co título «Lilla stjärna» tras ser seleccionada internamente pola emisora sueca Sveriges Radio.[1][2]
«Samma stjärnor lysa för oss två» foi seleccionada para representar a Suecia no Festival de Eurovisión 1958 pola emisora sueca Sveriges Radio. A cantante elixida para interpretala, Alice Babs, pediu que a letra da canción fose cambiada, así que a emisora sueca encargou a Gunnar Wersén, xornalista e empregado de Sveriges Radio, que escribise unha nova letra para a canción, cuxo nome cambiou a «Lilla stjärna». Debido a isto, o compositor, Åke Gerhard, prohibiu a publicación da canción de maneira comercial.[1]
↑"Dolf van der Linden". And the conductor is...(en inglés). Search, by year, 1958, Dolf van der Linden. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 15 de agosto de 2019.