Samir Nasar[1][2] (en árabe: سمير نصّار), nado no Líbano o 5 de xullo de 1950, é un eclesiástico católico maronita, dende 2006 arcebispo de Damasco.
Traxectoria
Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1974, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade San Xosé de Beirut e no Instituto Católico de Lión, graduándose en 1976. Posteriormente estudou Historia na Universidade Lión III.
Foi ordenado sacerdote o 17 de agosto de 1980, e traballou como párroco. En 2005 foi nomeado corbispo.
O 10 de xuño de 2006 foi elixido arcebispo de Damasco polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 26 de novembro de 2006 de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.
Notas
- ↑ Romanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).
- ↑ Tamén Nassar.