O Salón Teatro é a sede do Centro Dramático Galego (CDG), a compañía pública de teatro de Galicia, e o escenario das súas producións. Ademais, acolle distintas disciplinas escénicas, como ciclos de cine ou danza.
É o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia e supón un referente cultural para a cidade de Santiago de Compostela e a Comunidade Galega.
Características
Localízase nun edificio histórico no corazón da zona vella de Santiago de Compostela.
O Salón Teatro dispón de platea e tribuna con capacidade para 272 espectadores.
Historia
En 1920 inaugurouse o Salón Teatro como sala de eventos e espectáculos. Tiña unha capacidade de máis de 500 localidades, forma de anfiteatro, un escenario reducido e unha sala dividida en dous andares, posteriormente destinouse principalmente á cinematografía.
En 1996 o edificio foi adquirido pola Xunta de Galicia e tres anos despois o teatro abriu de novo as súas portas xestionado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa estrea do espectáculo Si o vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro, a cargo do Centro Dramático Galego.
Véxase tamén
Ligazóns externas