Salvador Fernández Alonso, finado en maio de 1984, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Comerciante de Sela nos anos vinte.[1] No franquismo, logo da dimisión de Gabino Álvarez Argüelles, foi nomeado xefe local do Movimiento das Neves en maio de 1941.[2] Foi nomeado alcalde das Neves en setembro de 1946.[3] Foi conselleiro provincial do Movimiento e foi elixido deputado provincial polo distrito de Ponteareas en 1955.[4] Cesou como alcalde en abril de 1966.[5] Foi funcionario do concello das Neves. Finou en maio de 1985.[6]
Recoñecementos
- Orde de Cisneros.
- Orde do Mérito Civil.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-8-1926, p. 16.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-12-1966, p. 15.
- ↑ Yunta y Surco, 3, setembro 1959, p. 1.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 21-3-1955, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-12-1966, p. 10.
- ↑ Faro de Vigo, 12-5-1984, p. 46.
- ↑ La Noche, 25-10-1958, p. 9.