O saltón (Laevicardium crassum, Gmelin 1791; antes L. norvegicum) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos cárdidos (Cardiidae), da orde Veneroida.
Morfoloxía
Ten unha cuncha sólida, forte, equivalva e equilateral, co umbo centrado. Forma redondeada ou ovalada e tamaño máximo de 8 cm de diámetro.
A cuncha é practicamente lisa, aínda que presenta 40-50 costelas radiais moi pouco marcadas, só apreciables nas proximidades da marxe libre. Tamén se poden apreciar as liñas de crecemento concéntricas.
A cor é castaña clara ou crema, normalmente con manchas irregulares algo máis escuras, máis visibles na rexión do umbo. O interior é branco, ás veces con tons rosados ou alaranxados, e mostra na marxe as estrías correspondentes ás costelas (a este carácter debe o nome castelán de almeja dentada).
Hábitat e bioloxía
Esta especie está amplamente distribuída.
Ríos Panisse non recolle esta especie nas costas galegas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
Outros artigos
Ligazóns externas