Salgadura (en catalán: Salaó) é unha miniserie histórica galega-catalá dirixida por Jesús Font e producida por Continental Producciones e Dream Team Concept que foi estreada no 2013 a través da TVG en dous episodios. Conta a historia da familia Roig, inspirada na familia Massó, que a finais do século XVIII e comezos do XIX fixo unha sorte de imperio da industria da salgadura galega. Está protagonizada por Luís Iglesia, María Castro, Luis Zahera e Belén Constenla. Foi rodada no Grove.
Sinopse
Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado. Roig é un liberal perseguido polo exército que non ten cartos. Gallup dálle un ano para facer que a súa salgadura galega dea beneficios e só despois poderá pedirlle a man da filla.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Ano |
Categoría |
Receptor |
Resultado
|
2013 |
Mellor guión |
Miguel Anxo Murado e Carmen Abarca |
Nomeados
|
Mellor dirección de produción |
Carlos Amoedo |
Nomeado
|
Mellor dirección artística |
Marta Villar |
Gañadora
|
Mellor música orixinal |
Xavier Font |
Nomeado
|
Mellor son |
David Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño |
Gañadores
|
Mellor fotografía |
Marta Villar |
Nomeada
|
Mellor deseño de vestiario |
María Gil e Sonia Segura |
Gañadores
|
Mellor filme de televisión |
Continental Producciones, Dream Team Concept, TVG e TV3 |
Nomeados
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas