Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Salcedo.
San Xoán de Salcedo é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 168 habitantes (247 en 1991) repartidos en 4 entidades de poboación, cunha densidade de 8,36 hab./km².
Limita coas parroquias de Lamaigrexa e Parada dos Montes ao norte, Lamaigrexa e Castroncelos polo oeste, Vilamor ao leste, e Barxa de Lor e Vilar de Lor ao sur.
Xentilicio
O seu xentilicio é salcedao[2].
Patrimonio artístico
Ten igrexa parroquial da segunda metade do s. XVIII, fortemente reformada posteriormente. Ten unha torre cadrada, acaroada a un dos laterais da nave, cun fornelo que contén a imaxe de Santiago Peregrino.
Festividades
Ten moita importancia o entroido de Salcedo, co popular Oso de Salcedo.
Lugares e parroquias
Lugares de Salcedo
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas