Sakura 2A, coñecido tamén como CS 2A (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 4 de febreiro de 1983 mediante un foguete N-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][2][3]
Características
Sakura 2A, xunto con Sakura 2B, era parte da segunda xeración de satélites de comunicación xaponeses. Foi usado para operacións comerciais de comunicacións e en misións cooperativas, como transmisións de emerxencias e comunicacións con illas xaponesas distantes. Usáronse tamén para probar novos sistemas de comunicacións. Levaba a bordo 4 transpondedores en banda Ka e foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 132º E.[1][2][3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (20 de marzo de 2019). "Sakura-2A" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2019). "CS-2" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CS 2a, 2b (Sakura 2a, 2b)" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAKURA 2A (CS-2A)" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CS-2A / Sakura 2A" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019.
- ↑ "Note verbale dated 3 May 1983 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (83-12606). 18 de maio de 1983: 2. Consultado o 30 de xuño de 2019.
Véxase tamén
Outros artigos