Sabino Jurado Romero

Modelo:BiografíaSabino Jurado Romero
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSabino Jurado Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Jurado Romero Editar o valor en Wikidata

Sabino Jurado Romero, nado en Tui cara a 1900 e finado en Cidade de México o 11 de maio de 1970, foi un militar galego.

Traxectoria

Fillo de Sabino Jurado. Avogado, traballou en Madrid no gremio da leitería e nunha compañía de patentes internacionais. Na guerra civil foi membro do Estado Maior do XVII Corpo de Exército. Foi ascendido a capitán de milicias o 16 de outubro de 1938.[1] Coa derrota da República exiliouse en Francia e foi internado nos campos de concentración de Prats de Molló, Le Téch e Barcarès.[2] O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.

Vida persoal

Viúvo, casou en México con Martha Castillejo Martínez en 1946.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas