Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Sabela.
Sabela Ramos Garea, nada en Padrón en 1986, é unha enxeñeira informática que traballa en Google Research. En 2020 foi galardoada co Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia.[1]
Traxectoria
Sabela Ramos é doutora en Computación de Altas Prestacións pola Universidade da Coruña.[2] Realizou un posdoutoramento na Escola Politécnica Federal de Zürich onde investigou para crear modelos matemáticos do rendemento de microprocesadores. Posteriormente adentrouse na industria para incorporarse a Youtube onde traballou tres anos e desde comezos de ano está en Google Research, onde investiga en campos como a aprendizaxe por reforzo ou a aprendizaxe automática.[3][4]
Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como Google Women in Engineering.
Recoñecementos
- Premio Anita Borg de Google en 2012.[5]
- Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia. [1]
Notas