Sabahudin Bilalović, coñecido como Dino Bilalović, nado o 7 de maio de 1960 en Trebinje, Bosnia e Hercegovina (Iugoslavia) e finado o 29 de xullo de 2003 en Makarska, Croacia,[1] foi un xogador profesional de baloncesto internacional, que cunha estatura de 2,10 metros xogaba na posición de pivote.
Traxectoria
En 1979, como xogador do Bosna Asa e nos seus primeiros anos de carreira, gañou a Copa de Europa de Baloncesto. Internacional coa selección de Iugoslavia, apareceu por primeira vez coa selección de Bosnia e Hercegovina trala desintegración iugoslava no EuroBasket de Alemaña de 2003, onde foi o máximo anotador do torneo con preto de 25 puntos por encontro.
Durante a súa etapa na liga ACB, no Breogán de Lugo, conseguiu facer unha media 15 puntos e 6,5 rebotes por encontro, destacando sobre todo as súas 51 triplas dese ano (cun 41% de acerto), dato moi consedirable e máis aínda tendo en conta que xogaba como pivote. Morreu en xullo de 2003 durante unhas vacacións de Makarska, Croacia, debido a problemas cardíacos previamente diagnosticados.
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas