Saara Niemi (de solteira Tuominen), nada o 1 de xaneiro de 1986 en Ylöjärvi (Finlandia), é unha xogadora retirada e adestradora de hóckey sobre xeo finlandesa. Dende 2018 é a directora e adestradora xefa do Stadin Gimmat ou HIFK Naiset, que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga.
Traxectoria
Inicios
Saara Tuominen naceu o 1 de xaneiro de 1986 en Ylöjärvi, na rexión de Pirkanmaa (Finlandia). Comezou a súa carreira deportiva no equipo da súa cidade natal, o Ylöjärven Ilves, e posteriormente na cidade de Tampere nos equipos de Tappara e Ilves.[1]
Na tempada 2005-06 recibiu o Trofeo Katja Riipi á mellor dianteira da Naisten SM-sarja.[2]
Notas