Saab 340 AEW&C é un avión sueco de alerta temperá e control aerotransportado (AEW&C). Trátase dunha versión do avión de pasaxeiros Saab 340 e é designado S 100B Argus pola Forza Aérea de Suecia.
Historial operacional
A Administración de Material da Defensa (FMV) pediu seis exemplares do Saab 340 AEW&C. Os primeiros exemplares do S100B Argus, que usaba o sistema FSR890, entregáronse á Forza Aérea de Suecia no ano 1997.[1] Suecia vendeu catro dos seus avións e os dous restantes substituíron o sistema FSR890 polo ASC890 no ano 2010, pasando a designarse S100C.[1] Os dous avións operados pola forza aérea sueca están baseados na base aérea de Malmen, en Linköping, e operan para a 72 División Especial.[2]
Notas