STS-109 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 1 de marzo de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-109, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para prestar servizo ao Telescopio Espacial Hubble. Despegou o 1 de marzo, un día despois do previsto debido a condicións meteorolóxicas inadecuadas. A tripulación estaba formada polo comandante Scott D. Altman, o piloto Duane G. Carey, o comandante de carga John M. Grunsfeld e os especialistas de misión Nancy J. Currie, James H. Newman, Richard M. Linnehan e Michael J. Massimino. Foi o primeiro voo do Columbia desde a misión na que se lanzou o Telecopio Espacial Chandra e despois da cal foi sometido a unha revisión e actualización extensa. O transbordador achegouse e capturou o telescopio o 3 de marzo ás 9:31 UTC, acoplándoo á súa bodega de carga. Os astronautas fixeron cinco paseos espaciais para renovar a instrumentación do telescopio, substituír os paneis solares, un dos volantes de inercia e a unidade de control de potencia do observatorio espacial, non deseñada inicialmente para a súa substitución en órbita. Tamén se substituíu a cámara FOC pola cámara ACS, máis avanzada, e se instalou o sistema de cableado CASH e o sistema de refrixeración NCS para a cámara infravermella NICMOS, fóra de funcionamento desde que a refrixeración orixinal se avariara. A substitución de FOC fixo innecesario o uso do sistema COSTAR para a corrección do defecto do espello do telescopio, xa que as novas cámaras correxían o problema por si mesmas. O telescopio foi liberado o 9 de marzo.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 12 de marzo de 2002.[3][5][6][7]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 31 May 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-56238(E)). 1 de xullo de 2002: 7. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-109" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos