STEX

STEX/ Space Technology EXperiments
STEX antes do lanzamento
TipoTecnolóxico
OrganizaciónNRO
Destino actualFóra de servizo en órbita terrestre.[1]
Data de lanzamento3 de outubro de 1998, 10:04 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTaurus (foguete)[3][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][6]
Obxectivo da misiónProba de novas tecnoloxías no espazo.[3][6]
NSSDC ID1998-055A
Masa539,4 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7108 km[1]
Inclinación85,0 graos[1]
Apoapse744,5 km[1]
Periapse730,3 km[1]

STEX (acrónimo de Space Technology Experiments) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 3 de outubro de 1998 mediante un foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para probar novas tecnoloxías no espazo.[2][3][5][6]

Características

STEX levaba ata 29 novas tecnoloxías a bordo para ser probadas no espazo coa finalidade última de abaratar e simplificar futuras misións. Entre elas atopábanse motores eléctricos de efecto Hall alimentados por xenon, unha grabadora de estado sólido de 51 Gb de capacidade, baterías de hidruro de níquel de alta densidade deseñadas para durar máis e proporcionar máis enerxía con menos peso e ATEx (Advanced Tether Experiment), un experimento para estender cables de gran lonxitude no espazo, que non funcionou tal como estaba pensado. Probáronse tamén paneis solares de alta eficiencia.[3][5][6]

O satélite estaba formado por un corpo principal con paneis solares estendéndose a partir del. Estabilizábase nos tres eixos e o coñecemento da súa posición facíase grazas a un seguidor de estrelas. Aínda que estaba deseñado para funcionar durante dous anos, foi apagado en xuño de 1999 debido á degradación dos seus paneis solares convencionais.[3][5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STEX" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 3 March 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-82696(E)). 30 de marzo de 1999: 9. Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STEX" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STEX" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "STEX" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "STEX" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos