STEREO é a terceira misión do Programa de Sondas Terrestres e Solares da NASA. Consta de dúas naves duns 620 kg cada unha denominadas STEREO A e STEREO B que están situadas na mesma órbita da Terra pero unha adiantada e a outra atrasada para poder observar o Sol desde dous puntos de vista distintos simultaneamente. As naves teñen un deseño case idéntico por redundancia e foron lanzadas a bordo do mesmo foguete. Levan a bordo os seguintes instrumentos:[1][2]
IMPACT (In situ Measurements of PArticles and CME Transients), para a medición dos electróns do vento solar, os campos magnéticos interplanetarios e as partículas solares enerxéticas.
PLASTIC (PLAsma and SupraThermal Ion Composition), para o estudo dos procesos do vento solar coroal e o vento solar heliosférico, a medición de protóns, electróns e partículas alfa e ións pesados.
STEREO/WAVES: un experimento para a medición de ondas de radio desde o Sol ata a Terra.
Notas
↑ 1,01,1Mark Wade (2021). "Stereo"(en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2021.
↑ 2,02,1Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "STEREO A, B"(en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2021.