O SS Californian foi un transatlántico mixto que é controvertidamente famoso en relación á traxedia do Titanic en 1912.
O SS Californian pertencía ao holding de J. P. Morgan International Mercantile Marine Co. como parte da firma Leyland Line. Foi botado o 26 de novembro de 1901 nos estaleiros Shipbuilding & Engineering Company en Dundee, Escocia. Estaba deseñado para realizar esencialmente tarefas de cabotaxe e transportar unha reducida cantidade de pasaxe (50 pasaxeiros e 55 tripulantes). Desde 1911 estaba baixo o mando do capitán Stanley Lord na ruta Londres-Boston (Massachusetts, Estados Unidos).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Agás que se indique o contrario, todos os libros están en inglés
- Eaton, John P. e Haas, Charles A. Titanic: Triumph and Tragedy Nova York: W. W. Norton & Company, 1995.
- Lord, Walter. A Night to Remember. Nova York: St. Martin's Griffin, 2005 [1955]. ISBN 978-0-8050-7764-3.
- Lord, Walter. The Night Lives On. Morrow and Company, 1986.
- Reade, Leslie. The Ship That Stood Still: The Californian and Her Mysterious Role in the Titanic Disaster. W. W. Norton & Co Inc, 1993.
- Lynch, Donald e Marschall, Ken. Titanic: An Illustrated History. Hyperion, 1995.
- Butler, Daniel Allen. The Other Side of the Night. Casemate, 2009.