O acrónimo S/PDIF ou S/P-DIF (Formato de Interface Dixital Sony/Philips, Sony/Philips Digital Interface Format), coñecido tamén tecnicamente polo seu código segundo a Comisión Electrotécnica Internacional, IEC 958 type II, parte da IEC-60958, consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais dixitais modulados en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos.
S/PDIF é unha versión do protocolo estándar AES/EBU adaptada para aplicacións comerciais, presentando pequenas diferenzas que o fan máis económico de o construír.
Principais diferenzas entre AES/EBU e S/PDIF
|
AES/EBU |
SPDIF
|
Cablaxe
|
Par trenzado (110 ohmios) ou coaxial (75 ohmios) |
Coaxial (75 ohmios) ou fibra óptica
|
Conector
|
XLR de 3 pins ou D-Sub de 25 pins |
RCA, BNC ou Toslink
|
Nivel de sinal
|
3 a 10 V |
0,5 a 1 V
|
Codificación
|
BMC |
BMC
|
Información de subcódigo
|
Texto de identificación ASCII |
Información de protección de copia SCMS
|
Resolución máxima
|
24 bits |
20 bits (24 bits opcionais)
|