Stanley David Griggs, nado en Portland, Oregón, o 7 de setembro de 1939 e finado o 17 de xuño de 1989, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-51-D.[1][2]
Traxectoria
Griggs graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1962, e era máster en administración pola Universidade George Washington en 1970.[1][2]
Entrou a traballar como piloto de probas na NASA en xullo de 1970. En agosto de 1979 completou o adestramento para poder ser considerado como astronauta da NASA. Participou na misión STS-51-D, pasando un total de sete días no espazo. Finou o 17 de xuño de 1979 no accidente do aeroplano que pilotaba.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos