Río Pra

Modelo:Xeografía físicaRío Pra
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRio Piloña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°20′33″N 5°29′57″O / 43.3424744, -5.49913485

O río Pra nace na Serra de Baluga, a 800 metros de altitude, na parroquia de Bimenes de Santu Medero. Transcorre en Bimenes por Rozaes, Martimporra e San Julián e entra en Nava por Priandi. Neste concello atravesa Priandi, Grátila, Piloñeta (onde recibe as augas do Río La Peña), Fuensanta. Tras un paso efémero pola parroquia de Tresali, onde recibe as augas do Pendón, adéntrase na de Ceceda, onde tras o seu curso polos pobos de La Cueva e Grandiella, (recibindo entre ambas poboacións o caudal do Río Los Cuervos) conflúe en La Vega de Ceceda co Viao, formando así ambos ríos o río Piloña.

No seu curso por Bimenes, e tamén por Priandi, poden apreciarse numerosos restos de muíños de auga. Do seu paso por Nava cabe destacar que entre Piloñeta e Fuentesanta bordea o Palacio da Ferrería, así como máis adiante pasa pola planta embotelladora e antes balneario de Fuensanta.

Todos os seus afluentes son recibidos pola beira dereita.

Nalgúns mapas figura como Río Fuensanta.