O Ara é un río do norte de Aragón, España, afluente no tramo alto do Cinca, pola súa beira esquerda, ao que se une despois de 70 km de curso.
Percorrido
O Ara nace no Val do Ara a 2.620 msnm, na parte alta do val de Buxargüelo, aos pés do macizo da Comachibosa, na vertente sur dos Pireneos. Despois de percorrer 70 km únese ao Cinca na localidade de Aínsa.
O val do río Ara é un bo exemplo de val glaziar na súa primeira metade de curso, aínda que moi erosionado polos ríos tras a desaparición das xeleiras, existendo mostras da lingua glaziar até Asín de Broto, con máis de 30 km de lonxitude total.