O río Albariña é un río de Galicia, afluente pola marxe esquerda do río Barcala.
Curso
Nace na Boca da Braña no monte Silvariño, preto das aldeas de Faxín, Suevos e A Choupana, e discorre principalmente polo concello da Baña para finalmente desembocar no río Barcala en Negreira.[1]
Afluentes
Afluentes do Río Albariña por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:
- Rego de Gatón [1] (desemboca fronte a Paredes pola marxe dereita).
- Rego de Faílde [1] (desemboca en San Vicenzo pola marxe esquerda).
- Rego das Agrotas [1] (desemboca en Señor pola marxe dereita).
- Rego de Nantón [1] (desemboca en Nantón pola marxe esquerda).
- Rego do Pe do Muíño [1] (desemboca preto de Nantón pola marxe esquerda).
- Rego da Pedra Alba [1] (desemboca preto de Nantón pola marxe dereita).
Galería de imaxes
Notas