Réaltán Ní Leannáin, nada en Belfast en 1960 é unha escritora irlandesa.[1]
Nós Diario publicou en setembro de 2021 o seu relato Golpe de estado no proxecto Un verán en Galeusca, impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario, coa novidade da participación do medio irlandés Belfastmedia.[1]
Traxectoria
Pasou a súa mocidade e adolescencia durante os anos sesenta e setenta en Belfast, para despois vivir en Dublín.
Réaltán comezou a ensinar irlandés e español en escolas de secundaria nivel nos anos oitenta. Pasou un tempo por toda España e ten experiencia en moitos dos diferentes idiomas que se falan no estado. Despois pasou á educación superiro, impartindo clases de educación no Trinity College e na Dublin City University . De alí foi á Queen's University, Belfast.
Mentres daba clases na Queen's University desenvolveu un cancro. Non obstante, superou esta dificultade e escribe desde 2007. Publicou unha colección de poesía, Turas Ailse (2011), baseada nesta experiencia. Leva blogs sobre cancro[2] e outros aspectos da súa vida e repasa libros acabados de publicar.[3] Tamén colabora con chíos nas redes.[4]
En 2015 Cló Iar-Chonnacht publicou a súa colección de relatos, Dílis, unha visión desapiadada das mulleres sobre a vida. Tiña moita demanda e provocou controversia coa súa decidida perspectiva.
Réaltán é a primeira escritora irlandesa en ser seleccionada polo Foras na Gaeilge para o proxecto internacional de escritura Focail Eile. Este é un programa de asociación entre organizacións culturais de toda Europa co obxectivo de establecer unha rede de colocacións creativas para escritores europeos en linguas minoritarias e minorizadas.
As súas narracións apareceron en varias revistas e antoloxías. Está a editar unha antoloxía de relatos coa Editorial Éabhlóid. Os escritos de Réaltán Ní Leannáin habitúan tratar temas relacionados cos lazos de familia, os barrios urbanos e a relixión, tres elementos que se entrelazan nas súas obras.[1]
Publicacións
Libros
- Turas ailse (2011) Coiscéim, unha colección de poesía
- Dílis (2015), Cló Iar-Chonnacht, unha colección de relatos ISBN: 9781784441234
- Cití na gCártaí (2019). Novela que está ambientada tanto en Malta como en Belfast durante os últimos anos da Primeira Guerra Mundial
Colaboracións
- "An páiste deiridh" (2012) en An Guth 7 (Rody Gorman, editor), Coiscéim, poema.
- "Aerfort" (en Dilis), un texto proposto por NCCA para o primeiro ano do novo TS.
- "Clic", un relato breve, en Feasta, marzo de 2014.
- "Impirí", un relato breve, no An tUltach, decembro de 2015.
- "Bongú", un fragmento dunha novela, no An tUltach, Semana Santa de 2016
- "Watching", ficción flash, The Incubator, número 13, agosto de 2017
- "Doors", un relato breve, The Incubator, número 14, decembro de 2017
- "An Cor nach gCastar", un drama radiofónico, ( Raidió na Life ), producido en 2018
Notas