JSC Russian Helicopters (ruso: Вертолеты России Vertolety Rossii) é unha compañía de deseño e fabricación de helicópteros rusa con sede en Moscova. A compañía deseña e produce tanto helicópteros civís como militares. O seu principal accionista é Rostec.[1] Foi o 24º contratista de defensa máis grande en 2012 en ingresos (o seu mellor ano do século XXI), e o segundo máis grande baseado en Rusia (tras Almaz-Antey).[2]