Rumille é un lugar da parroquia de Carcacía no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 60 habitantes, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 66 habitantes.
Rumille era parroquia ata 1836, e pertencía ao concello de Teo, que a perdeu para pasar ao de Padrón, para compensalo pola creación do concello de Dodro.
Lugares e parroquias
Lugares de Carcacía
Parroquias de Padrón