Rugby Ourense KeltiaFundación | 2014 |
---|
O Rugby Ourense Keltia é un club de rugby da cidade galega de Ourense, fundado o 6 de xuño de 2014. Xoga os seus encontros como local no Estadio Universitario, que comparte co outro equipo da cidade, o Ourense Rugby Club. As súas cores son o verde, amarelo e negro.
Na tempada 2014/15, a do seu debut, participou na segunda división da liga galega, acadando un cuarto posto que lle valeu para disputar as eliminatorias polo ascenso, caendo nas semifinais fronte ó Club de Rugby Lalín por 34-12.
Na tempada 2015/16 rematou primeiro na segunda división gañando tódolos encontros. Nas eliminatorias polo ascenso bateu ó Santiago Rugby Club nas semifinais e ó Club de Rugby Fendetestas na final, acadando o ascenso á primeira división da liga galega.
Na tempada 2016/2017, tras o ascenso conseguido o ano anterior, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga venceu os Ingleses RC nas semifinais, sucumbindo na final ante ó CR Ferrol.
Na tempada 2017/2018, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga caeu na semifinal ante ó CR Ferrol.
O club deixou de competir de forma federada no verán de 2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos
Rugby masculino en Galicia |
---|
|
Equipos | |
---|
Outras competicións | |
---|