En 2010 regresou ao Internacional de Madrid CF, onde xa estivera en 2007, e combinou o fútbol co traballo no restaurante de seu pai.
Etapa en Asia (2012-2018)
En marzo de 2012, cando pensaba en deixar o fútbol, recibiu unha oferta de Filipinas e recalou no Stallion FC, coa tempada mediada, rematando a tempada en cuarta posición na liga filipina. Na seguinte tempada conquistou o título de liga e o de Copa, e proclamouse máximo goleador do campionato de liga con 18 goles, chegando a anotar en dúas ocasións catro goles no mesmo partido.[2][3] Ademais foi galardoado co premio ao mellor xogador da liga.[4]
Pouco despois volveu ao Global para xogar a nova liga filipina, onde o seu equipo rematou subcampión tras perder na final fronte ao Ceres-Negros. Continuou un ano máis en Cebú ata que en 2018 decidiu deixar o club, que tiña problemas para pagar os salarios, e regresar definitivamente a España.[9][10]
Regreso ao Internacional de Madrid (2018-2020)
Na tempada 2018/19 regresou ao Internacional de Madrid CF, comezando a súa cuarta etapa no club madrileño, e na que foi a súa primeira tempada completa na Segunda B. Con todo, anotou só 4 goles en 36 partidos. Durante a primeira volta da tempada 2019/20 logrou marcar 12 goles, sendo o máximo goleador do grupo I da Segunda División B ata ese momento, o que atraeu a atención do resto da categoría, converténdose nunha das pezas máis cotizadas no mercado invernal.
Pontevedra CF (2020-actualidade)
O 23 de xaneiro de 2020 confirmouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF ata final de tempada. Marcou 6 goles máis ata que a liga foi suspendida por mor da pandemia por coronavirus, acabando como máximo goleador de toda a categoría.[11][12]