Rubén Rodríguez Rodríguez, coñecido como Rubén Riós, nado en Riós en 1980, é un actor galego.
Traxectoria
Iniciouse no mundo da televisión, con diversas colaboracións e intervencións puntuais en programas da Televisión de Galicia. Deuse a coñecer amplamente co programa de humor O rei da comedia e sobre todo coa serie de ficción Libro de familia (2005). En paralelo, foi completando a súa formación teatral co actor e director Vicente Montoto. Traballou na serie da TVG Matalobos no papel de Salva.
Deu o salto ao cinema como Martiño, un dos protagonistas de Pradolongo (2007), filme de Ignacio Vilar. Ese ano dirixiu a curta Adeus Edrada?.
Filmografía
Galería de imaxes
Véxase tamén