Rubén Pérez Correa, nado en Vigo en 1977, é un político galego.
Traxectoria
Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Comité Central do Partido Comunista de Galicia dende 1997 e do seu comité executivo dende 2000. Militante de CCOO desde 2004. Foi secretario de organización da federación galega do PCE, e de Esquerda Unida. Actualmente é coordinador local de Esquerda Unida en Vigo. Foi elixido candidato da Marea de Vigo para as eleccións municipais de 2015, 2019 e as de 2023.
Logo das Eleccións xerais de España de 2023 pasou a ser secretario de Estado de Mocidade e Infancia.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas