Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Rubiós.
San Pedro de Rubiós é unha parroquia do concello ourensán de Riós. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 39 habitantes (23 homes e 16 mulleres).
Patrimonio
A igrexa de San Pedro de Rubiós foi construída no ano 1700 por Francisco de Rosales, mestre carpinteiro, sendo abade o señor Juan de Figueroa, comisario do Santo Oficio. Na porta principal atópase un escudo dunha casa nobre. Máis antigo có edificio é unha imaxe de madeira da Virxe co neno, quizais do século XVI, coñecida como a Virxe do O. Os retablos laterais da igrexa son da mesma época.
Lugares e parroquias
Lugares de Rubiós
Parroquias de Riós
Notas
Véxase tamén
Outros artigos