Roxelio
Roxerio I de Sicilia e o seu irmán Roberto.
Roxerio [ 1] é un nome propio masculino galego . Provén da composición de verbas xermanas hrod (fama) e ger (lanza), co que o seu significado viría a ser «famoso coa lanza». En galego tamén ten a variante Roxelio e o hipocorístico Xelucho .[ 1]
En xaneiro de 2023 existían 7 varóns en Galicia co nome Roxelio, cunha media de idade de 54,8 anos.[ 2] Non hai persoas rexistradas coa variante Roxerio.
Santoral
16 de setembro , San Roxerio (Íllora, Granada s. IX- † Córdoba) foi un freire mártir. Os atributos son un crucifixo levantado nunha man, libro de evanxeos na outra e sangue no pescozo polo seu martirio.
Persoas célebres
Galegos
Roxelio Rivero , As Neves, foi un escritor e xornalista galego.
Roxelio Lois Estévez , Pontevedra, 1842, foi un xornalista galego.
Roxelio Pérez González (Roxerius), Rianxo, 1897, foi un mestre e pedagogo galego.
Roxelio Rodríguez de Bretaña , Ourense,1917, foi un político galego.
Roxelio Rodríguez Díaz , Petín, foi un xornalista e escritor galego.
Roger de Flor , Limodre (Fene), 1977, músico, cantante, compositor e produtor galego.
Rogelio Santiago (Lelé), Marín, 1911, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego.
Rogelio Groba Groba , Guláns (Ponteareas), 1930, músico e compositor galego.
Rogelio Groba Otero , músico e compositor galego, fillo do anterior.
Rogelio Martínez González , 1957, delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
Rogelio Caridad Pita , A Coruña, 1874, foi un militar galego.
Rogelio Tapia , foi un futbolísta galego.
Rogelio Bernárdez García (Gaitos), Vigo, 1924, foi un futbolista galego.
Rogelio González Suárez , Salcedo, 1906. Foi un político galego.
Rogelio Arca Rivas , Cerdedo, 1913, foi un canteiro e miliciano anarquista galego.
Rogelio Martínez Garzón , Marín, 1857, foi un comerciante e político galego.
Rogelio Gómez Fernández (Gelucho), Teo, 1970, ex xogador e actual adestrador de fútbol galego.
Rogelio Diz Fuentes , Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), 1912, foi un labrego, canteiro e político galego.
Outras personalidades
Rogelio Araya , político arxentino.
Rogelio Barriga Rivas , escritor mexicano.
Rogelio Baón , político español.
Rogelio Conesa Martínez , produtor español.
Rogelio Guedea , Colima, 1974, poeta, ensaísta e tradutor mexicano.
Rogelio Legasa , Zaragoza, 1974, xogador de baloncesto profesional español.
Rogelio Martínez Díaz ("El Gallego"), Matanzas, 1905, foi un músico cubano.
Rogelio Salmona , París, 1927, foi un arquitecto franco-colombiano.
Rogelio Pampols , Almacelles (Lleida), 1936, exfutbolista catalán.
Rogelio Polesello , escultor arxentino.
Luis Rogelio Rodríguez-Comendador Pérez , Madrid, 1959, é un político español.
Roger Mortimer , Londres, 1287 , foi o oitavo home de Wigmore.
Roger O'Donnell , Londres, 1955, teclista inglés coñecido pola banda The Cure.
Roger D. Kornberg , St. Louis (Missouri), 1947, bioquímico estadounidense.
Roger Y. Tsien , Nova York, 1952, bioquímico estadounidense, de orixe chinesa.
Roger Martin du Gard , Neuilly-sur-Seine, 1881, foi un novelista francés.
Roger Bacon , Ilchester, 1214, foi un filósofo inglés.
Roger Federer , Basilea, 1981, xogador de tenis suízo.
Roger Miller , Míchigan, cantante, compositor e multi-instrumentista estadounidense.
Roger Ebert , Urbana (Illinois), 1942, crítico cinematográfico.
Roger Daltrey , Londres, 1944, cantante de rock, compoñente e fundador inglés da banda musical británica The Who.
Roger Moore , Stockwell (Londres), 1927, actor inglés.
Roger Waters , Surrey, 1943, músico, compositor inglés.
Roger Casement (Ruairí Mac Easmainn), Sandycove, 1864, foi un diplomático irlandés.
Roger Taylor , 1949, cantautor e multiinstrumentista inglés.
Roger Torrent i Ramió , Sarrià de Ter, 1979, presidente do Parlamento de Cataluña.
Ficción
Roxerio noutras linguas
Lingua alemá : Rüdiger, Rutger, Ruetger, Rudgar, Ruotger, Routger, Rotger ou Rötger.
Lingua castelá : Rogelio
Lingua catalá : Roger
Lingua francesa : Roger
Lingua galesa : Rosser, Rozier
Lingua grega : Ρογήρος - Rogéros
Lingua húngara : Rezső
Lingua inglesa : Roger
Lingua islandesa : Hróar, Hróðgeir
Lingua italiana : Ruggero, Roggero, Ruggeri, Ruggiero, Rugiero.
Lingua latina : Rogerius
Lingua neerlandesa : Rogier o Rutger.
Lingua norueguesa : Roar
Lingua polonesa : Roger
Lingua portuguesa : Rogério
Lingua sueca : Roar, Roger, Rutger
Notas
Véxase tamén
Outros artigos